Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Ruta medioambiental do Monte Lobeira

Ruta

Ruta medioambiental do Monte Lobeira

Experiencias/Natureza/Ruta medioambiental do Monte Lobeira
Ruta Monte Lobeira

Este percorrido cara ao cumio do Monte Lobeira ofréceche a posibilidade de coñecer os diversos sucesos acontecidos no lugar ao longo da historia. Este enclave foi elixido entre os XI e XII para o asentamento do Castelo de Lobeira, lugar onde estivo a raíña Dona Urraca e cuxo principal obxectivo era defensivo. Esta fortaleza foi testemuña de diversas disputas entre a monarca e o arcebispo Xelmírez. Tras finalizar a súa función defensiva, o castelo caeu no abandono e foi finalmente destruído durante as loitas irmandiñas do século XV. Na actualidade, só quedan algúns vestixios desta construción.

Ademais de rodearte de historia, tamén poderás desfrutar das fermosas vistas que che vai ofrecendo este percorrido a medida que ascendes ata o miradoiro de Cruz de Lobeira, punto final do percorrido. Desde aquí poderás desfrutar dunhas magníficas panorámicas da Ría de Arousa e do Val do Salnés.

NATUREZA RUTAS TURISMO ACTIVO

Ir o contido Haz clic para escuchar el texto