Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Portada » Cruz de Lobeira

Cruz de Lobeira

Miradoiro

Cruz de Lobeira

Experiencias/Natureza/Cruz de Lobeira
Cruz de Lobeira

Ascendendo ata o cumio deste monte, atoparás, a case 300 metros sobre o nivel do mar, o Miradoiro Cruz de Lobeira. Atoparás no seu punto máis alto unha enorme cruz de metal, que se erixiu en homenaxe ás vítimas do mar. Verás tamén neste punto, unha placa do Almirantazgo británico, que recorda aos mariñeiros falecidos como consecuencia do afundimento do buque escola Serpent, en novembro de 1890.

Xunto o seu simbolismo, achegaraste a unha das panorámicas más espectaculares da zona. Desde o miradoiro de Cruz de Lobeira poderás avistar tanto a Ría de Arousa como o verde Val do Salnés e, incluso, a illa de Ons, o istmo de O Grove ou a Serra do Barbanza -sempre que haxa un día claro-.

NATUREZA MIRADOIROS TURISMO ACTIVO

Localización

Enderezo

András (San Lourenzo) 36619 Vilanova de Arousa, Pontevedra

Coordenadas

Lonxitude: 42.56397562201191
Latitude: -8.761985630759394

Galería

Ir o contido
VILANOVA TURISMO
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

Haz clic para escuchar el texto