Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Portada » Xardín Umbrío

Xardín Umbrío

Plans en familia

Xardín Umbrío

Experiencias/En familia/Xardín Umbrío
Xardin umbrio

Sen dúbida, esta é a referencia por excelencia do lecer infantil. Trátase dun singular parque que destaca por contar con diferentes xogos que chamarán a atención dos teus peques: unha pequena aldea de casiñas en torno a unha praza, varias casas nas árbores, un castelo con randeeiras e tobogán incorporados, ademais dun avión onde imaxinar que sobrevoan o Mar de Santiago ou un autobús ao máis puro estilo londinense para viaxar ás distintas parroquias do municipio.

Como colofón a todo isto, hai un pequeno tren, ao que se pode subir de modo gratuíto -cun máximo de 5 voltas por menor-, que seguro que lles encantará. E para rematar, un carrusel que se move cunha manivela, ao que se poden subir tamén gratis.

Moi preto deste espazo -ao lado da Avenida de O Recheo-, hai outro parque tradicional, recentemente renovado, e que dispón de diverso tipo de xogos. Poderedes variar de parques non só dentro do propio casco urbano, senón tamén noutras parroquias.

EN FAMILIA

Localización

Enderezo

Avenida González Besada, 36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra

Galería

Ir o contido
VILANOVA TURISMO
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

Haz clic para escuchar el texto