Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Tren turístico

Plans en familia

Tren turístico

Experiencias/En familia/Tren turístico
tren turístico

Outra das actividades ideal para toda a familia é realizar un percorrido no Chiquitren, operado por unha empresa local. Este tren acristalado conta con ata 3 vagóns (capacidade de 72 pasaxeiros), aínda que tamén se pode reducir a 2 (para 48 persoas). Transita a unha velocidade media de 15 quilómetros/hora, o que vos permitirá desfrutar de todos os recunchos que veredes durante o paseo. Está dispoñible na temporada de verán e débese realizar reserva previa no despacho de billetes (localizado no parque infantil da Avenida do Recheo) ou a través do teléfono 619 534 087.

O Chiquitren ofrece percorridos polos principais puntos de interese do casco urbano vilanovés, con saídas desde a vila ás 11.00, 12.00, 18.00 e 19.00 horas, ou desde O Terrón ás 11.15, 12.15, 18.15 ou 19.15 horas. Ademais, dispón de dous itinerarios especiais -con reserva previa e para grupos mínimos de 10 persoas-: a ruta valleinclaniana -con saída diaria de finais de xuño á primeira quincena de setembro- e a ruta nocturna -baixo reserva previa e só en xullo e agosto-.

EN FAMILIA

Localización

Enderezo

Avenida do Recheo
36620 Vilanova de Arousa

Contacto

Teléfono

(34) 619 534 087

Horarios

Saídas desde a vila:

11.00, 12.00, 18.00 e 19.00 horas

Saídas desde O Terrón:

11.15, 12.15, 18.15 e 19.15 horas

*Os datos aquí expostos poderían mudar. Por favor, confirma a información entrando na web da empresa.

Galería

Ir o contido Haz clic para escuchar el texto