Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Mexillóns

Produtos do mar

Mexillóns

Experiencias/Sabores/Mexillóns
MEJILLONES

Vilanova de Arousa foi o primeiro municipio da Ría de Arousa en contar con bateas de mexillóns. A acuicultura remóntase ao ano 1945, coa primeira instalación destas estruturas flotantes. A través desta iniciativa, comprobouse que as augas eran moi ricas en fitoplancto, favorecendo o cultivo deste bivalvo. Por elo, a industria expandiuse con gran rapidez, concentrando a Ría de Arousa máis de 2.300 bateas, o que supón case tres cuartas partes do total de 3.400 instalacións localizadas nas rías galegas. Para coñecer o mundo das bateas, recomendámoste que realices algunha das excursións en barco pola Ría de Arousa ou, incluso, o propio percorrido da Traslatio.

Desde o punto de vista gastronómico, o mexillón é un alimento moi versátil, co que se poden elaborar distinto tipo de pratos. Ao vapor, en vinagreta, en empanada… Tes múltiples opcións para degustar o auténtico sabor da Ría de Arousa!

Ademais, os mexillóns contan cuns valores nutricionais excelentes. Este molusco hermafrodita resulta básico para unha dieta equilibrada, xa que é un produto altamente proteico, baixo en graxas e cun alto contido en Omega 3, ademais de aportar vitaminas como B12, B2 e B9 e minerais como ferro, fósforo, selenio, iodo e zinc.

SABORES PRODUTOS DO MAR

Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa

Degustar mexillóns en Vilanova de Arousa

Prepara ti mesmo os mexillóns

Galería

Ir o contido Haz clic para escuchar el texto