Produtos do mar
Berberechos
O marisqueo é outro dos oficios máis arraigados en Vilanova de Arousa, cos seus berberechos. Se pasas por algunha das pequenas praias da nosa localidade, poderás atoparte a numerosas mariscadoras de a pé extraendo berberechos cos seus raños, ou rastros -unha especie de anciños de forma bombeada que se enterran na arena para capturar estes bivalvos-.
Ao igual que no caso do mexillón, o berberecho tamén resulta tremendamente versátil na cociña. Pódese empregar en numerosas elaboracións, aportando o seu singular sabor a mar. Unha das receitas tradicionais que non poderá faltar no teu prato é a empanada de berberechos con masa de fariña de millo.
O berberecho é tamén un alimento alto en nutrientes e adecuado para unha dieta equilibrada. Destaca polo seu baixo contido en graxa -con pouco aporte calórico-, ademais de ser rico en proteínas, vitaminas -como a A ou a B3-, e minerais -como ferro, potasio, sodio, iodo ou zinc-.
SABORES PRODUTOS DO MAR