Camiño de Santiago
Variante Espiritual do Camiño Portugués
Este itinerario, de 73 quilómetros de percorrido, ofrece unha alternativa ao Camiño Portugués con tres etapas a través das que descubrirás a comarca do Salnés. Esta ruta destaca polas súas paraxes históricas e culturais e por impresionantes espazos naturais.
Ao finalizar a segunda etapa, chegarás a Vilanova de Arousa. No noso municipio atravesarás grandes extensións de viñedos en emparrado, bosques a pé de río para chegar finalmente ás praias de As Sinas e O Terrón. Desde aquí chegarás ao centro urbano vilanovés, lugar ideal para realizar un alto na túa ruta e descansar nalgún dos albergues e aloxamentos da vila. Desde a Estación Marítima poderás remontar o río Ulla ata o porto fluvial de Pontecesures. Desde alí, retomarás o itinerario do Camiño Portugués cara Compostela. Podes consultar máis información sobre este itinerario na súa web.
CAMIÑO DE SANTIAGO TURISMO ACTIVO