Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Torre de Cálago

Patrimonio

Torre de Cálago

Experiencias/Cultura/Torre de Cálago
Torre do Calogo

Fiel testemuña da importancia de Vilanova de Arousa na época do Cristianismo, é o único vestixio do antigo mosteiro beneditino de San Ciprián de Cálago, fundado por San Frutuoso no S. VII, destruído polos ataques normandos nos séculos IX e X. Pola súa localización, independente do antigo mosteiro, atribúeselle unha función defensiva, de modo que serviría para dar conta de posibles invasores que chegarían desde o mar, antes de que accedesen ao propio mosteiro.

Localizada a uns 5 minutos camiñando do centro urbano, na rúa Campo, na parte máis alta do terreo lindeiro, avistarás a Torre de Cálago. De base cadrada, está formada por perpiaños de granito e, no alto, consérvase parte dunha espadana con dous arcos de medio punto, onde habería outras tantas campás. Tamén se conservan restos dunha escaleira exterior, desde a que se accedería ao campanario.

Recentemente localizouse un documento datado no 884 no que se percorre unha doazón ao mosteiro e na que se fai mención expresa dos peregrinos a Santiago de Compostela, sendo a referencia máis antiga, ata o momento, do Camiño de Santiago na comarca.

CULTURA PATRIMONIO

Localización

Enderezo

Rúa Campo, 12, 36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra

Coordenadas

Lonxitude: 42.567110225271
Latitude: -8.828311544253744

Galería

Tamén che pode interesar...

Ir o contido Haz clic para escuchar el texto