Turismo activo
Ruta sendeirista e BTT
O Monte Lobeira é a cima máis prezada de Vilanova de Arousa. Se che gusta o sendeirismo ou a BTT, a ruta homologada PR G 126 levarache polas fermosas paisaxes entre os miradoiros de Faro das Lúas e de Cruz de Lobeira. Trátase dun percorrido de 5 quilómetros, de dificultade fácil, e cunha altitude mínima de 92 metros e unha máxima de 267.
O punto de partida é a zona da igrexa parroquial de András para iniciar un percorrido por diversas pistas forestais. Desde aquí ascenderás ata o Miradoiro de Faro das Lúas para despois continuar ao de Cruz de Lobeira. Este itinerario permitirache desfrutar dunha actividade en medio da natureza que finalizará cunhas espectaculares da Ría de Arousa e do Val do Salnés.
TURISMO ACTIVO NATUREZA MIRADOIROS
Localización
Faro das Lúas
Enderezo
36628 Vilanova de Arousa, Pontevedra
Coordenadas
Lonxitude: 42.56093724228149
Latitude: -8.773108057748328
Localización
Monte Lobeira
Enderezo
András (San Lourenzo) 36619 Vilanova de Arousa, Pontevedra
Coordenadas
Lonxitude: 42.56397562201191
Latitude: -8.761985630759394