Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Pazo Vista Real

Patrimonio

Pazo Vista Real

Experiencias/Cultura/Pazo Vista Real
Pazo Real

Atópase a uns 5 minutos en coche do centro urbano de Vilanova, na parroquia de Celeiro. Datada do século XVIII, esta casa señorial chamará a túa atención pola súa incrible contorna natural e as súas estupendas vistas á Ría de Arousa. O Pazo Vista Real componse da propia casa señorial, unha capela, unha pequena praza e un edificio anexo. Estas instalacións están hoxe en día dedicadas a servicios municipais.

Ademais, sorprenderanche os seus amplos xardíns, onde poderás ver diversos exemplares de camelias e varios magnolios de gran envergadura. Non te perdas a especie de pérgola, datada tamén do século XVIII, que adorna un antigo parque infantil. Este era o clásico punto para a toma de fotografías de voda.

CULTURA PATRIMONIO

Localización

Enderezo

Camiño de Boutrín, 7, 36629 Vilanova de Arousa, Pontevedra

Coordenadas

42°34’03.5″N 8°48’22.2″W

Tamén che pode interesar...

Ir o contido Haz clic para escuchar el texto