Miradoiro
Faro das Lúas
A uns 100 metros sobre o nivel do mar atoparás este miradoiro, que destaca pola súa impoñente torre de pedra coroada por unha vistosa e orixinal escultura metálica. Podes acceder a ela subindo a escaleira de pedra que bordea a torre. Desde aquí poderás desfrutar dunhas fermosas vistas da Ría de Arousa e de parte do Salnés.
Nesta escultura verás dúas lúas, simbolizando as diferentes fases lunares. Segundo a posición do sol, estas estruturas metálicas proxectan un reflexo que pode verse desde diferentes puntos da comarca.
Se vas a mediodía ou a media tarde, podes aproveitar para comer algo na zona de merendeiro que se localiza moi próxima a esta escultura. Tamén poderás desconectar un pouco penetrándote na ampla área de árbores que a rodea.
NATUREZA MIRADOIROS TURISMO ACTIVO
Localización
Enderezo
36628 Vilanova de Arousa, Pontevedra
Coordenadas
Lonxitude: 42.56093724228149
Latitude: -8.773108057748328