Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

nuestros esenciales

Vilanova de Arousa

Un mar de vida/Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa ofréceche un mar de vida. Un oasis de tranquilidade tanto se ves en familia como con amizades ou pola túa conta. As súas seis parroquias integran un destino coa combinación perfecta entre mar e terra, perfectamente comunicado, e a un paso de todo.

Playas das Sinas

Os seus 14 quilómetros de fermosas praias -coa de As Sinas e O Terrón á cabeza- inspiraron a grandes artistas, como Valle-Inclán, Julio e Francisco Camba ou Francisco Rey Rivero. As súas incribles paisaxes reflexan a magnífica localización deste municipio enclavado no corazón da Ría de Arousa, perfilada polas siluetas das bateas e salpicada de pequenos illotes como o de Areoso e illas como a de Sálvora.

En Vilanova únense os Camiños de Santiago, coa Traslatio como principal singularidade. Tanto se recorres o Camiño Mar de Arousa e Río Ulla, como a Variante Espiritual do Camiño Portugués, ou a Ruta do Padre Sarmiento, aquí atoparás o punto de parada perfecto. Desde a estación marítima podes tomar o barco para descubrir o único Via Crucis marítimo-fluvial do mundo, seguindo o mesmo percorrido que realizaron os restos do Apóstolo Santiago cara Compostela.

Un destino cunha intensa vida cultural, cunha ampla oferta de actividades para todas as idades. Música, teatro, arte… enchen o calendario de propostas de ocio atractivas, ideais para complementar as túas vacacións.

Vida cultural
puerto

A maior vida de Vilanova de Arousa a atoparás no seu mar: desde as máis variadas opcións de turismo náutico ata deliciosos produtos que saen da Ría de Arousa. Deleitarás o teu padal coas exquisitas receitas a base de mexillóns, berberechos e ameixas, que poderás harmonizar con viños da variedade de uva albariño, tan arraigados na zona e simbolizados polo tradicional emparrado. Non te perdas tampouco o potencial das conserveiras, que tamén conforman unha importante parte da economía local e que acumulan o saber de varias xeracións de familias da salgadura e conserveiras.

puerto
Ir o contido Haz clic para escuchar el texto