Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Portada » Ruta Padre Sarmiento

Ruta Padre Sarmiento

Camiño de Santiago

Ruta Padre Sarmiento

Experiencias/Camiño de Santiago/Ruta Padre Sarmiento
Martin Sarmiento

Este percorrido rememora a viaxe realizada por Frei Martín Sarmiento ata Santiago de Compostela, cando regresou a Galicia con motivo da celebración do Ano Santo de 1745. Os seus 190 quilómetros de percorrido -dividido en 7 etapas- levaranche a descubrir os segredos da comarca de O Salnés, saíndo da localidade de Poio e finalizando en Pontecesures, para despois retomar o Camiño Portugués a Compostela.

A sexta etapa desta ruta conclúe en Vilanova de Arousa. Ao núcleo urbano chegarás percorrendo os camiños a pé de mar, descubrindo a fermosa praia de O Terrón. Unha vez que descansases, poderás escoller entre dous posibilidades para ir a Pontecesures: remontar o río e descubrir a experiencia da Traslatio ou continuar por terra bordeando a costa de Vilagarcía para continuar ata Padrón.

A ruta pódese realizar de modo autoguiado, xa que se atopa perfectamente sinalizada. Ademais dos sinais direccionais, tamén atoparás paneis informativos sobre os puntos de interese máis destacados de cada tramo. Se queres consultar más información, podes visitar a web deste percorrido ou consultar algún dos folletos informativos na nosa sección de descargas.

CAMIÑO DE SANTIAGO TURISMO ACTIVO

Máis información sobre a ruta

Ir o contido
VILANOVA TURISMO
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

Haz clic para escuchar el texto