Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Naturaleza

Natureza

Experiencias/Natureza

Se che gustan os plans ao ar libre, aquí te deixamos lugares onde poderás desfrutar dun agradable paseo e de incribles vistas.

Ría de Arousa

Ademais de fonte de riqueza, a ría de Arousa é un entorno que destaca pola súa extraordinaria beleza. Calquera paseo a pé de mar ofrecerache unha estampa única coas vistas das bateas de mexillóns e, no horizonte, o illote de Areoso ou illas como as de Arousa, Cortegada ou Sálvora. Podes escoller distintos puntos desde onde observar a beleza do océano… Cada un deles ofrecerache unha perspectiva diferente. Non perdas a oportunidade de descubrir a Ría de Arousa a bordo. Paga moito a pena!

Ría de Arousa

Praias

Vilanova conta con 14 quilómetros de praias, polo que tes moito onde escoller… Os dous areais más coñecidos e que contan con maior número de servizos son O Terrón e As Sinas.

NATUREZA

Praia das Sinas

NATUREZA

Zona de Esteiro

NATUREZA

Praia O Terrón

Outros areais

Na marxe esquerda da ponte que une Vilanova coa Illa de Arousa, atópanse dúas pequenas praias, duns 200 metros de longo. Trátase dos areais de As Patiñas e O Castelete, que te permiten afastarte do bulicio de O Terrón e As Sinas -especialmente en verán-, ofrecendo máis tranquilidade e o desfrute da natureza que os rodea.

Vilanova dispón doutras pequenas praias cerca do núcleo urbano como as de A Igrexa, As Brañas, As Casiñas, As Patiñas, Bornal, Cabalgada, O Rial, Campamento Roza da Vila, Pozo de mar, Pasaxe ou a urbana de Ariño.

Otros arenales

Miradoiros

Para desfrutar das mellores vistas de Vilanova, da Ría de Arousa e do Val do Salnés, recomendámosche que collas o coche durante pouco máis de 15 minutos e que te dirixas aos miradoiros de Faro das Lúas e Cruz de Lobeira. Calquera dos dous lugares resulta ideal para desfrutar de solpores máxicos.

NATUREZA

Cruz de Lobeira

NATUREZA

Faro das Lúas

Poderás acceder ata a parte baixa do primeiro deles en vehículo. Desde alí irás ascendendo a pé gozando das paisaxes a vista de paxaro que te ofrecen ambos espazos. De feito, podes desfrutar dunha pequena ruta medioambiental entre ambos puntos, ademais de outra sendeirista homologada de pequeno recorrido.

Rutas medioambientais

Desfruta dos recunchos naturais do noso municipio recorrendo algunha das tres rutas medioambientais que poñemos a túa disposición. Trátase de percorridos sinxelos que che permitirán descubrir non só fermosas paraxes, senón tamén distintos enclaves históricos, etnográficos e culturais.

Ir o contido Haz clic para escuchar el texto