Vilanova día 2
O recorrido que che propoñemos para esta segunda xornada estará marcado polas mareas, xa que unha das actividades centrais será a Traslatio. Os horarios habituais adoitan ser a primeira hora da mañá (entre as 06.45 e as 08.30 horas), aínda que hai algún día en que se poden ver retrasados ata as 12.00 horas. Para esta proposta, tomaremos como referencia as viaxes de primeira hora.
Ademais, invitámosche a tomar Vilanova como porto base para coñecer algúns dos enclaves máis destacados da súa contorna máis inmediata.
Mañá
1. Traslatio
Novamente, o punto de inicio da xornada é a Estación Marítima Mar de Santiago. Aquí tomarás o barco para realizar o remonte do río descubrindo o único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo a través da Traslatio. Poderás seguir os pasos do Apóstolo Santiago na túa ruta, descubrindo os cruceiros a pé de ría e río.
O percorrido dura aproximadamente unha hora e amosarache as incribles paisaxes e restos históricos doutros municipios que integran, xunto con Vilanova, o xeodestino Mar de Santiago -Catoira, Valga e Pontecesures-. Unha vez no peirao fluvial, poderás realizar o percorrido de volta a Vilanova de Arousa.
Os prezos por traxecto roldan os 30 euros e débese realizar a reserva a través da web de cada operadora de barco. Existe tamén a posibilidade de realizar percorridos específicos para grupos.
2. Monte Lobeira
Tras a viaxe en barco, recomendámosche subirte ás alturas do Monte Lobeira, onde aínda se poden atopar vestixios da fortaleza e do impoñente castelo no que residiu a Raíña Doña Urraca e que servía como defensa ante os ataques normandos. Para elo, desprazaraste uns 15 minutos en coche (se non tés un, lembra que contamos cun servizo de Carsharing). Realizando o ascenso polos chanzos de pedra poderás admirar a Ría de Arousa e o Val do Salnés a vista de paxaro.
3. Adegas gran Bazán
Reservamos o final da mañá para unha experiencia enoturística. En menos de dez minutos en coche, chegamos ata as Adegas Granbazán, integradas dentro da Ruta do Viño Rías Baixas. Realizarás unha visita guiada polas súas instalacións, durante a que aprenderás como se elaboran os viños amparados pola D.O. Rías Baixas. Culminarás a actividade -que adoita durar unha hora aproximadamente- cunha degustación de diferentes viños maridados con produtos galegos. Para realizar a reserva, deberás ir á web da adega ou contactar telefonicamente con carácter previo.
Tras abrir boca coa degustación poderás desfrutar nas propias instalacións de Granbazán dunha magnífica comida, elaborada con produtos da terra ou desprazarte a calquera dos negocios hostaleiros da zona, que che recibirán cos seus mellores pratos.
Tarde
4. Ruta da Piedra e da Agua
A mellor maneira de comezar a tarde é gozar dun paseo pola naturaleza. A cinco minutos en coche atoparaste coa Ponte Arnelas, na vilanovesa parroquia de Baión. Tras atravesar a súa ponte romana e coñecer a historia do seu ancestral ritual de fertilidade, poderás comezar a chamada Ruta da Piedra e da Auga, a pé do río Umia.
5. Armenteira
Culminarás este máxico percorrido no Mosteiro Cisterciense de Armenteira, un templo do século XII, onde aínda resoan os ecos da lenda de San Ero e o canto do paxaro, que te emocionará. Se non queres facer toda a Ruta a pé, tamén poderás chegar en coche ao lugar.
E se prefires seguir coñecendo a historia da zona, recomendámosche visitar a pouco máis de cinco minutos en coche o Monte do Castro, no municipio de Ribadumia, un xacemento arqueolóxico nun peculiar enclave natural, onde pasearás entre os restos da cultura castrexa.
6. A Illa de Arousa
No teu camiño de regreso a Vilanova, poderás seguir a ponte que une a nosa localidade co veciño municipio de A Illa de Arousa. Aproveita para coñecer as praias da Reserva Natural do Parque Natural de O Carreirón ou, se tés algo máis de tempo, achégate ao peirao, ás fermosas casas modernistas das súas inmediacións cos seus incribles xardíns. Desfruta do final da xornada coas vistas que che ofrece o Monte de O Con do Forno, con seu Santo que protexe a Ría de Arousa desde as alturas, ou o Faro de Punta Cabalo nunha contorna maxestuosa.