Sabores
Unha das principais motivacións para visitar Galicia é a súa gastronomía. E Vilanova de Arousa non vai ser menos! Os produtos de mar e terra únense nunha explosión de sabor que deleitará os padais más esixentes. Mergúllate no mundo do mexillón, o berberecho, as conservas e los viños con D.O. Rías Baixas en Vilanova de Arousa!
Enoturismo
Vilanova de Arousa está integrada na Ruta do Viño Rías Baixas. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro que xunta a oferta enogastronómica en torno aos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Adegas visitables, restaurantes, hospedaxes e actividades de lecer conforman as principais propostas desta entidade que, ademais, organiza diverso tipo de actividades enoturísticas ao longo do ano.
En Vilanova de Arousa atoparás tres adegas, que ofrecen visitas guiadas as súas instalacións para que poidas coñecer o proceso de elaboración dos seus viños. O percorrido finalizará cunha degustación dos seus produtos, completando, así, a experiencia enoturística:
Produtos do mar
Vilanova de Arousa ofréceche un mar de sabores, sendo o marisco o rei da mesa. Para degustar os dous principais produtos do noso municipio nas máis variadas elaboracións, tes unha cita obrigada na Festa do Mexillón e o Berberecho, que se celebra a segunda fin de semana de agosto.