Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Portada » Eventos » III Festa da Vendima – San Miguel das Uvas

III Festa da Vendima – San Miguel das Uvas

III Festa da Vendima - San Miguel das Uvas

Cando

Setembro 27, 2026    
Todo el día

Event Type

O Pazo de Rúa Nova de Vilanova de Arousa acollerá os días 27 e 29 de setembro a III Festa da Vendima – San Miguel das Uvas, organizado pola Asociación Cultural San Miguel dá Rúa Nova. Para o domingo 27 prevense as seguintes actividades:

  • 12.00 horas. Competición de vendima e pisada de uva: 1º premio (100 €); 2º premio (lote de viño e conservas) e 3º premio (botella de viño ‘Rúa Nova’)
  • 14.00 horas. Xantar popular amenizado coa actuación do Dúo Os Dinámicos
  • Haberá pasarrúas coa agrupación Cruceiros de Tremoedo

O prezo do xantar popular é de 35 € por persoa. O menú inclúe empanadas varias, polbo con cachelos, carne ao caldeiro, sobremesa, groliño e café, alén de viño, auga e refrescos. O menú infantil costa 15 euros e inclúe milanesa. As reservas débense realizar en SuperNito ou nos teléfonos 606 203 883 e 657 326 705. A data límite para formalizar a inscrición é o 25 de setembro.

Ir o contido
VILANOVA TURISMO
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

Haz clic para escuchar el texto