Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Portada » Escapada romántica de San Valentín en Vilanova de Arousa: plans variados para unha estancia inesquecible

Escapada romántica de San Valentín en Vilanova de Arousa: plans variados para unha estancia inesquecible

Buscades un plan diferente para este San Valentín? En Vilanova de Arousa atoparedes o lugar perfecto para gozar de dous días de desconexión en parella, repletos de propostas culturais, gastronómicas e de lecer.

Seguide lendo e mostrámosvos o que podedes facer no noso municipio, situado no corazón das Rías Baixas. Unha oportunidade estupenda para gozar de plans diferentes e para crear grandes recordos en parella.

Paseo polo centro histórico

Coa túa reserva de aloxamento xa realizada -na nosa web podedes consultar a ampla oferta de establecementos hoteleros en Vilanova de Arousa-, recomendámosvos que o primeiro día o dediquedes a coñecer o centro urbano. Un paseo tranquilo entre as estreitas rúas da zona histórica permitiravos relaxarvos e pasar por lugares nos que tamén estuvieron grandes da literatura.

Para amantes da cultura, la Casa Museo Valle-Inclán é un must. Ademais, trátase dun espazo ideal para visitar, especialmente se queredes resgardavos da choiva. A súa ampla colección museística invítavos a percorrer a vida e obra do gran literato, ademais de trasladarvos a finais do século XIX a través da recreación da típica casa señorial da época.

Se vos presta un plan de compras, aproveitade a ampla rede do comercio local de Vilanova Centro. Na vila poderedes atopar tendas con diferentes tipos de productos que, sen dúbida, chamarán a vosa atención pola súa singularidade e variedade. Ata poderedes atopar algunha ganga que vos alegrará o día.

Chova ou non, do que tendes que gozar si ou si son as vistas ao mar tanto desde a Estación Marítima como desde as praias de As Sinas e O Terrón. Se fai bo tempo, recomendámosvos un percorrido calmado ou, incluso, sentarvos nalgúns dos areais desfrutando a panorámica do horizonte debuxado polas siluetas das bateas de mexillón.

Cena con encanto

E xa que falamos de gastronomía, un dos plans imprescindibles en Vilanova de Arousa é deleitar o padal co bo facer da nosa hostalaría.

Tanto se queredes gozar dun plan máis romántico con vistas ao mar mentres cenades como se procurades unha proposta gastronómica máis especial, en Vilanova de Arousa poderedes atopar opcións para todo tipo de gustos e petos que vos permitirán celebrar unha data tan sinalada como é San Valentín. E se queredes saber cales son as nosas recomendacións, non vos perdades a sección de oferta de restauración da nosa web.

Experiencia enoturística

Para o propio día de San Valentín, propoñémosvos un plan enoturístico. En Vilanova de Arousa, atoparedes tres adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas. Que quere dicir isto? Significa que poderes gozar de propostas enogastronómicas mentras coñecedes o proceso de elaboración dos viños amparados pola Denominación de Orixe Rías Baixas.

As tres adegas localizadas no noso municipio, Pazo Baión, Bodegas Granbazán e Gran Vinum ofrecen visitas guiadas as súas instalacións, aínda que debedes reservalas con antelación. Estes percorridos adoitan complementarse cunha cata comentada dos seus produtos, ademais doutras propuestas como almorzos maridaxe. Igualmente, recomendámosvos que consultedes porque poden ofrecer packs especiais por datas sinaladas como estas, así que aproveitada a ocasión para gozar de experiencias en parella diferenciadoras e de calidade.

Vistas de excepción

E para completar a vosa experiencia en Vilanova de Arousa, non vos podedes marchar sen gozar das incribles vistas desde os nosos miradoiros. Aínda que chova, tamén teñen o seu encanto e paga moito a pena realizar unha parada en calquera deles.

Tanto desde o Miradoiro Cruz de Lobeira como desde o de Faro das Lúas poderedes marabillarvos cunhas espectaculares panorámicas da ría de Arousa e tamén do interior do Val do Salnés (comarca na que se localiza Vilanova de Arousa). Uns spots perfectos para inmortalizar unha escapada inesquecible ao noso municipio.

Animádesvos a descubrir todo o que Vilanova de Arousa vos pode ofrecer? Lembrade que podedes consultar toda a información sobre o noso destino na web. Agardámosvos!

Ir o contido
VILANOVA TURISMO
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

Haz clic para escuchar el texto