Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Portada » Día da Nai en Vilanova de Arousa compartindo experiencias inesquecibles

Día da Nai en Vilanova de Arousa compartindo experiencias inesquecibles

Sabes que é o mellor que lle podes agasallar polo Día da Nai? Tempo de calidade. E para iso, en Vilanova de Arousa atoparás un destino onde gozar de experiencias inesquecibles.

No corazón das Rías Baixas, este pobo mariñeiro non é só o berce de grandes xenios da literatura, senón un escenario idílico para crear lembranzas en familia. Velaquí 5 propostas para que esta xornada coa túa en Vilanova de Arousa sexa, sinxelamente, perfecta.

  1. Un paseo literario pola Casa-Museo Valle-Inclán

    Se a túa nai é unha amante da cultura e da historia, non hai mellor xeito de comezar o día que visitando a Casa do Cuadrante. Aquí atópase a Casa-Museo Valle-Inclán, lugar onde naceu o xenial escritor da Xeración do 98.

    Camiñar polas súas estancias é viaxar no tempo. A casa conserva o mobiliario e o ambiente da época, permitíndonos imaxinar a infancia do xenio do esperpento. É unha visita pausada, chea de encanto, perfecta para abrir boca antes de entrar nas paisaxes que inspiraron as súas obras.

    Se o tempo acompaña, non vos podedes perder un paseo polo fermoso xardín que rodea o edificio, que conta con varios exemplares botánicos singulares. Aquí farédesvos tamén unha idea da fermosa contorna na que medrou este este literato e que aparece nalgunha das súas obras.

    2. A vista de paxaro, desde Monte Lobeira

    Para as nais ás que lles gusta a natureza e, sobre todo, as vistas de excepción, Monte Lobeira é un must no teu plan para Vilanova de Arousa. A 15 minutos en coche desde a capital municipal, este espazo resulta idóneo para gozar do ar libre e da boa fotografía.

    Ruta-Monte-Lobeira

    Desde o cumio de Monte Lobeira, a uns 300 metros de altitude, pódense obter unhas unas incribles instantáneas da Ría de Arousa e da comarca do Val do Salnés. Ademais, se vos gusta o sendeirismo, tamén hai a opción de realizar un pequeno roteiro que finaliza neste miradoiro e que pasa previamente polo Faro das Lúas; outro fermoso enclave onde gozar da natureza e das vistas.

    3. Experiencia enoturística nalgunha das nosas 3 adegas

    Cada vez máis de moda, o enoturismo é tamén unha opción estupenda para gozar do Día da Nai. En Vilanova de Arousa dispós de ata 3 adegas que ofrecen visitas guiadas polas súas instalacións.

    Ten en conta que é moi probable que poidan contar con algunha experiencia enoturística especialmente pensada para esta data tan sinalada no calendario. Entre as propostas que se adoitan ofertar, atópase o percorrido guiado polos viñedos (que votan brotar tras o letargo do inverno), polas salas de depósitos e as zonas de elaboración para despois finalizar cunha degustación dos seus viños da Denominación de Orixe Rías Baixas.

    Calquera das tres opcións dispoñibles no noso destino (Pazo Baión, Adegas Granbazán e Adega Gran Vinum) son unha garantía de éxito, xa que están integradas na Ruta do Viño Rías Baixas. Que mellor momento para brindar que cun Albariño Rías Baixas!

    4. Menús para todos os gustos e petos

    Un imprescindible en todo día memorable que se precie é a gastronomía. E en Vilanova de Arousa tamén sabemos disto. O noso destino conta cunha ampla variedade de estabelecimientos hostaleiros onde poderedes gozar dunh agradable almorzo, ben sexa a pé de mar, no medio do casco urbano ou nas zonas máis rurais. Hai propostas para todos os gustos e petos!

    O produto que deberás ter en conta si ou si deberá ser o mexillón, que dá nome á nosa exaltación gastronómica máis insigne: a Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa. Así que, se podedes e vos presta, non deixedes de probar estes bivalvos que chegan directamente das bateas da nosa ría.

    Igualmente, se non sodes de produtos do mar, tamén podedes optar por outro tipo de pratos típicos da zona, como o churrasco ou o raxo. Aínda así, non deixedes de degustar o mar de sabores dispoñible nos nosos restaurantes.

    5. Descubrir a Traslatio

    Non podía faltar nesta listaxe de suxestións, o percorrido polo único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo. Se tendes máis tempo e saídes cedo pola mañá -sempre e cando coincidan as mareas para iso-, poderedes tomar un barco desde a Estación Marítima e realizar o percorrido da Traslatio.

    Vilanova de Arousa é un punto chave desta ruta que rememora o traslado dos restos del Apóstolo Santiago desde Haffa (Palestina). Este percorrido levaravos polo territorio do xeodestino Mar de Santiago, no que está tamén integrado o noso municipio. Nel, poderedes marabillarvos con singulares e fermosas paraxes naturais, ademais de áreas cheas de historia. É un plan tranquilo, diferente e moi enriquecedor.

    Vilanova de Arousa ten ese “algo” especial que invita a deter o tempo. É un destino que abraza ao visitante coa súa luz, o seu cheiro a salitre e a súa hospitalidade. Este ano, non agasalles só un obxecto; dálle á túa nai un día cheo de experiencias nun dos recunchos máis bonitos de Galicia.

    Ir o contido
    VILANOVA TURISMO
    Resumo de privacidade

    Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

    Haz clic para escuchar el texto