Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Vilanova en 1/2/3 días

Vilanova día 3

Un mar de vida/Vilanova en 1/2/3 días/Vilanova día 3

Tomando de novo Vilanova de Arousa como porto base, recomendámosche unha xornada dedicada a visitar os principais puntos de interese da comarca do Salnés. Aquí suxerímosche algúns dos lugares más emblemáticos, pero hai moito máis onde escoller.

VILANOVA DE AROUSA
CALDAS DE REIS
BAROSA
PAZO BAIÓN
CAMBADOS
VILANOVA DE AROUSA

Mañá

1. Caldas de Reis

Tras iniciar o día almorzando con vistas ao mar nalgún dos nosos estabelecementos hostaleiros, tomarás o coche para ir ata Caldas de Reis, punto de referencia do Camiño Portugués, que se atopa a uns 20 minutos de Vilanova. Aquí poderás desfrutar dun agradable paseo polo seu casco histórico, onde as principais referencias son a fonte das Burgas e a ponte de Bermaña. Podes  complementar esta visita cun percorrido polo Xardín Botánico e a Carballeira -robleda-, declarados Paraxe Pintoresco e Xardín Histórico, ademais de ser Bens de Interese Cultural (BIC).

Caldas_de_Reis_Santa_Maria
landscape-tree-nature-forest

2. Barosa

Cara ao final da mañá, recomendámosche que te despraces uns 10 minutos en coche ata o Parque da Naturaleza do Río Barosa. Aquí verás unha magnífica fervenza rodeada por 17 muíños que se dispoñen nun total de 30 metros de altura. O espazo é de fácil acceso e conta con aparcamento próximo. Desfrutarás dun agradable paseo co son da auga de fondo -incluso poderás percorrer un pequeno roteiro sendeirista que coincide cun tramo do Camiño Portugués-. Tamén podes aproveitar para comer algo no bar localizado a pé de fervenza ou para facer un pequeno pícnic.

landscape-tree-nature-forest

Tarde

3. Pazo Baión

O comezo da tarde estará marcado pola enogastronomía noutra das adegas vilanovesas de referencia. A menos de 20 minutos de Barosa, atópase Pazo Baión, que ofrece diverso tipo de experiencias enoturísticas, de entre 1 e 2 horas. Poderás desfrutar dun paseo entre os seus campos de viñedos e coñecerás os seus viños de referencia maridados con produtos gastronómicos. Lembra que para desfrutar desta proposta, debes realizar reserva previa a través da web da adega ou contactando por teléfono.

pazo Baion
Igrexa_de_Santa_Marina_Dozo_-_Cambados

5. Cambados

Antes de regresar a Vilanova, poderás achegarte ao veciño municipio de Cambados. O punto de visita obrigado é a Praza de Fefiñáns, datada do século XVII, declarada conxunto histórico- artístico. A igrexa de San Bieito e o Pazo Fefiñáns recibiránche co seu encanto secular.

Imperdible é tamén o paseo polas rúas de Cambados, pasando polas Ruínas da Igrexa Antiga de Santa Mariña Dozo, declarada no 2014 como o terceiro monumento funerario máis importante de España e incluído entre os máis significativos de Europa. Despois desprazaraste ata a Torre de San Sadurniño, cuxa beleza se torna máis destacada ao solpor. Estes restos levaranche á época das invasións viquingas, sendo un dos poucos vestixios que se conservan da época. Ademais, este enclave fixo tamén as veces de faro para guiar aos barcos á súa chegada a porto.

Igrexa_de_Santa_Marina_Dozo_-_Cambados

Tras este intenso día, e a menos de 15 minutos en coche, regresarás a Vilanova de Arousa para un merecido descanso tras unha xornada de descubrimentos.

Ir o contido Haz clic para escuchar el texto