Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Vilanova en 1/2/3 días

Vilanova día 1

Un mar de vida/Vilanova en 1/2/3 días/Vilanova día 1
Paseo do Cabo
Casco Urbano
Xardín Umbrío
Casa-Museo Valle-Inclán
Torre do Cálogo
Praias de O Terrón e As Sinas
Paseo do Cabo
Casco Urbano
Xardín Umbrío
Casa-Museo Valle-Inclán
Torre do Cálogo
Praias de O Terrón e As Sinas

Mañá

1. Paseo do Cabo

O mellor para comezar a túa xornada é maravillarte coas vistas a pé de ría do Paseo do Cabo. O punto de inicio é a Estación Marítima Mar de Santiago. Desfrutarás da paisaxe mariñeira de Vilanova, coas siluetas das bateas e os barcos mexilloneiros como parte da panorámica. Xa máis preto de terra, poderás ver o porto pesqueiro coas súas pequenas embarcacións dedicadas ao marisqueo.

puerto vilanova
estatua

Ao teu paso polo Paseo do Cabo atoparás unha singular estatua: a do Momo. Trátase da representación dunha das festas máis importantes de Vilanova, que se celebra o Domingo de Piñata, poñendo o broche ao Entroido na zona. Ao final do percorrido, atópase a praza de O Castro, presidida polo monumento ao escritor Ramón María del Valle-Inclán. O conxunto escultórico componse de 5 pezas elaboradas en bronce de case 2 metros, que representan as escenas dalgunhas das súas obras máis destacadas e das súas personaxes máis emblemáticas: Max Estrella e don Latino, El Marqués de Bradomín, El príncipe Verdemar, Lucero e Mari Gaila.

estatua

2. Xardín Umbrío

Tras a pausa literaria, podes achegarte a outro dos puntos icónicos do noso municipio: o Xardín Umbrío. Se nos visitas en familia, este punto fará as delicias dos teus peques, xa que conta cun orixinal parque cheo de diferentes e divertidos xogos. Entre eles, unha pequena praza redonda con casiñas, ademais de casas nas árbores.

Non perdas a oportunidade de visitar a Praza de Abastos municipal. Aquí poderás adquirir todo tipo de produtos km 0 cos que enriquecer a túa mesa. Chamarán a túa atención os postos de marisco e peixe, ademais dos de verduras e hortalizas. Aproveita para preguntar aos nosos placeiros e placeiras as túas dúbidas! Solventaranchas con gusto! Se a túa visita coincide en venres poderás, ademais, ver o mercado semanal, que conta con medio centenar de postos de venda de distinto tipo de artigos.

Xardin umbrio

Como complemento ao teu percorrido, podes achegarte pola Casa-Museo Irmáns Camba, a moi poucos pasos. Lembra que a visita está incluída na entrada á Casa-Museo Valle-Inclán. Este centro conta cun completo percorrido pola vida e obra de dous prolíficos escritores e xornalistas de principios do século XX: Francisco e Julio Camba.

Tras este primeiro itinerario, recomendámosche que aproveites para comer nalgún dos restaurantes a pé de paseo ou que consultes calquera das posibilidades de restauración dispoñibles no centro urbano. Tanto se queres tapear como se prefires menú do día ou pratos máis elaborados, contamos con distintas opcións.

Tarde

3. Casco Urbano

Suxerímosche que te somerxas na cultura e historia de Vilanova. Irala descubrindo mentres paseas polo corazón do noso casco urbano. Recoñecerala nos nomes de obras e personaxes de Valle-Inclán. Ao teu paso pola zona, tamén poderás ver a ampla oferta do noso comercio de proximidade.

Vilanova Casa do Cantillo natal de Valle Inclan

4. Casa-Museo Valle-Inclán

Un punto de parada obrigada é a Casa-Museo Valle-Inclán, localizada na rúa Luces de Bohemia. Aquí adentaraste na vida e obra do creador do esperpento, ademais de descubrir como era a casa señorial típica galega de finais do século XIX e principios del XX.

Na contorna da casa natal do autor, seguirás os seus primeiros chanzos ata a igrexa de A Pastoriza, na que foi bautizado. Máis adiante, recibirache a Casa do Cantillo ou Casa dos Tres Balcóns, na cal foi criado xunto aos seus irmáns, así como a igrexa de San Cipriano de Cálago e a fermosa capela de San Mauro.

5. Torre do Cálogo

A cinco minutos camiñando, poderás dirixirte a un dos puntos con máis historia do municipio: a Torre de Cálago. Desde aquí poderás gozar dunhas vistas inigualables da Ría de Arousa, ademais de descubrir os restos do antigo mosteiro benedictino de San Cibrán de Cálago. Foi destruído durante o primeiro dos ataques normandos que se sucederon entre os séculos IX e XI.

Torre do Cálogo
Playa Terrón

6. Praias de O Terrón e As Sinas

Tras esta viaxe a través dos tempos, podes achegar aos nosos areais. Ademais de resultar un espazo ideal para gozar do sol, a contorna das praias de O Terrón e As Sinas son perfectas para relaxarse vendo o solpor. No caso de O Terrón, só terás que cruzar a pasarela de madeira situada a carón da Estación Marítima. Se prefires ir ás Sinas, recomendámosche que sigas o paseo a pé de mar que tardarás en completar camiñando media hora, aproximadamente. Sorprenderacha o percorrido polas súas fermosas estampas marítimas.

Playa Terrón
Ir o contido Haz clic para escuchar el texto