Comunicacións
A localidade dispón dunhas excelentes comunicacións e de servizos de transporte por terra e mar, o que facilita o teu desprazamento a outros puntos dun modo rápido e seguro.
Por estrada
Santiago de Compostela e Vigo atópanse a menos dunha hora en coche; Pontevedra, a pouco máis de media hora e a estación de tren máis próxima, en Vilagarcía de Arousa, a só 15 minutos.
Pódese acceder a Vilanova pola autopista A-9, collendo a saída 119 e, seguidamente a vía rápida VRG-4.1, dirección Cambados. Esta vía enlaza directamente coa vía rápida VRG-4.3 que ten unha saída directa cara o municipio. Igualmente, pódese chegar a Vilanova seguindo a estrada comarcal C-549.
En autobús
A continuación, amosámosche as rutas do Transporte Metropolitano de Galicia que pasan por Vilanova de Arousa.
En tren
A estación de tren máis próxima (en Vilagarcía de Arousa) atópase a menos de 10 quilómetros do municipio. Hai servizo de autobús desde a estación, aínda que tamén se pode realizar o traslado en coche propio ou alugado.
Por mar
Desde a Estación Marítima Mar de Santiago poderás tomar un barco para desprazarte ata Pontecesures, remontando o río Ulla e realizando a Traslatio, coñecendo 12 dos 17 cruceiros que atoparás na súa travesía. Trátase do único Viacrucis marítimo fluvial do mundo.
ESTACIÓN MARÍTIMA MAR DE SANTIAGO
Avda. Galicia, 1 – 36620 – Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Teléfono:
604 004 040
Paradas de taxi
- Vilanova de Arousa
Avenida do Recheo, s/n. 36620 – Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 986 554 161
- Centro Médico de Baión
Lugar Sestelo, s/n – Baión – 16614 – Vilanova de Arousa (Pontevedra)
En avión
Vilanova de Arousa atópase a 51 quilómetros do aeroporto Rosalía de Castro-Lavacolla de Santiago e a 60 quilómetros do aeroporto de Peinador de Vigo. A ambos se pode acceder por vías de alta capacidade ou ben a través do transporte público.
Servicio de carsharing
Vilanova de Arousa dispón dun servizo de carsharing. Pódese alugar un dos dous vehículos eléctricos dispoñibles por horas. Poderás recollelos na Rúa José González Sanisidro (ao lado do Pavillón Multiusos).
Para realizar a reserva, debes descargarte á App Mobilize Share e solicitar o teu vehículo. Para poder utilizalo, deberás deixar depositada unha fianza de 150 € e podes alugalo ata un máximo de 24 horas. Con este servizo poderás desfrutar de todas as vantaxes de ter un coche sen preocuparte polos gastos de mantemento ou o seguro e che permitirá coñecer distintos puntos de Vilanova de Arousa e os seus arredores.