Vilanova de Arousa acollerá entre os días 6 e 10 de xullo o V FestiValle, Festival de Teatro de Valle-Inclán. Unha iniciativa que encherá de propostas culturais a capital municipal e que conta co seguinte programa:
- Luns 6 de xullo: representación de La cabeza del Bautista (Valle-Inclán), por parte da compañía Tribueñe (ás 20.00 horas, no Auditorio Valle-Inclán)
- Do 7 ao 10 de xullo: curso Valle-Inclán nas aulas (de 10.00 a 13.00 horas na Igrexa da Pastoriza)
- Martes 7 de xullo: posta en escena da obra Bodas de sangre (García Lorca), por parte da compañía Tribueñe (ás 20.00 horas, no Auditorio Valle-Inclán)
- Mércores 8 de xullo: recital poético Claves líricas (13.30 horas nos xardíns da Casa-Museo Valle-Inclán)
- Mércores 8 de xullo: representación de Noche (Alejandro Sawa), por parte de Micomicón (ás 20.00 horas, no Auditorio Valle-Inclán)
- Xoves 9 de xullo: proxección da película Tirano Banderas (ás 20.00 horas, no Auditorio Valle-Inclán)
As entradas para as obras de teatro pódense adquirir a través do portal Ataquilla.com. O resto de actividades serán de acceso libre ata completar capacidade.