Saltar ao contido

VILANOVA TURISMO

Portada » Eventos » Festa dos 80′ – O son de Vilanova Fest

Festa dos 80′ – O son de Vilanova Fest

Festa dos 80' - O son de Vilanova Fest

Cando

Xullo 4, 2026    
7:30 p.m. - 11:45 p.m.

Event Type

As inmediacións do Pazo de Vista Real acollerán o vindeiro sábado 4 de xullo a Festa dos 80′ – O son de Vilanova Fest. Esta Romaría ochentera contará coas actuacións de Rafa Sánchez, La Unión, La Década Prodigiosa, Amistades Peligrosas, Pancho Varona e Manu GZ DJ. A apertura de portas realizarase ás 19.30 horas.

A entrada é de 20 €, se se compra de modo anticipado, e de 25 €, en despacho de billetes (acceso gratuíto para menores de 5 anos). Os billetes pódense adquirir nesta ligazón. Os/as menores de idade poderán acceder ao evento en compañía de pai, nai ou titor legal con autorización asinada.

Haberá polbo, churrasco e food trucks no recinto. Ademais, habilitarase unha zona infantil gratuíta con servizo de coidadores.

Ir o contido
VILANOVA TURISMO
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.

Haz clic para escuchar el texto