O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida, vén de presentar a marca Vilanova Turismo. “O noso Concello colle agora máis peso con esta marca e web propias, cunha calidade impresionante”. Deste xeito, dáse un “salto cualitativo como destino turístico” amosando a ampla oferta do municipio, que xa está consolidado como unha referencia, e ao que cada ano acoden maior número de visitantes.
De feito, rexistrouse un incremento no número de turistas, entre os meses de marzo e maio. De acordo coas estatística da oficina de turismo da Casa-Museo Valle-Inclán, a cifra de visitas nesta época aumentou un 7,41% con respeto ao mesmo período do 2024, seguindo a liña dos anos precedentes. Isto denota o crecente interese que os turistas teñen polo concello vilanovés.
Precisamente por isto, e en verbas do teniente de alcalde, Javier Tourís, “era necesario dar ese salto cuantitativo e cualitativo en Vilanova de Arousa, xa que levamos uns anos rexistrando incrementos no número de turistas. Esto es imparable”, sentenciou.
Para darlle pulo ao sector, creouse, contando co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, a marca Vilanova Turismo. Sobre a propia imaxe corporativa, Gonzalo Durán salientou como se fusionaron os principais atributos do territorio. “O V de Vilanova, que está conformado polas valvas do mexillón e con forma de corazón, xunto co eslogan Un mar de vida, conectan perfectamente co noso Mar de Santiago e tamén cos Camiños polo mar”, explicou. Esta fusión de conceptos dá lugar a unha marca turística de gran calidade e coa que agardan proxectar Vilanova de Arousa alén as súas fronteiras.
Web turística propia
Na presentación desta mañá, aproveitiouse para amosar a web www.vilanova.travel, dispoñible en tres idiomas -galego, castelán e inglés-, dotada dun deseño moderno, unha navegación amigable e accesible e adaptada aos distintos dispositivos móbiles. Do mesmo modo, Vilanova Turismo conta con perfís específicos en dúas das principais Redes Sociais (Instagram y Facebook), nas que se comezaron a partillar contidos sobre o destino.
No caso da web, o rexedor indicou que a principal sección, Un mar de vida, integra información básica sobre o municipio e os seus atributos e historia. Destacan tamén os principais puntos de interese turístico de Vilanova de Arousa, que se denominan Os nosos esenciais. Aquí destacan as Casas-Museo Valle-Inclán e Irmáns Camba; a Traslatio; a praia de As Sinas; a Torre do Cálago; o Pazo Vista Real; o miradoiro Cruz de Lobeira, e actividades enoturísticas. Para aquelas persoas que prefiran un plan xa feito, tamén se ofrece a posibilidade de consultar as suxestións de percorridos para quen visite Vilanova de Arousa durante 1, 2 ou 3 días. “Cada vez son máis as persoas que pasan pequenas estancias no noso municipio. No caso dos peregrinos, escollen o noso Concello para descansar antes de afrontar a etapa final do Camiño de Santiago”, afirmou Durán Hermida.
A sección de Planifica conta con diversa información sobre como chegar á vila, e unha listaxe dos servizos de hospedaxe e de restauración. Igualmente, inclúense os datos e horarios das dúas oficinas de turismo.
Importancia dos Camiños de Santiago en Vilanova
Afondando na ampla oferta turística de Vilanova, destaca a sección de Experiencias. Aquí amósanse as diversas posibilidades: natureza, cultura, gastronomía, turismo activo, plans en familia, festas e romarías, ou, incluso, compras. Mención especial teñen os itinerarios xacobeos que atravesan o municipio, sendo Vilanova de Arousa o principal punto de referencia -coa Traslatio- tanto na Variante Espiritual do Camiño Portugués, a Ruta Mar de Arousa e Río Ulla, así como o xeodestino Mar de Santiago -salientando a súa Ruta emocional-, contando tamén con outros percorridos como a Ruta do Pai Sarmiento.
E para facer boca, inclúese tamén un espazo específico onde se partillan diversas imaxes e vídeos sobre os atractivos do municipio. Non menor importancia ten a sección de Axenda, na que se compartirán as actividades culturais e de lecer que se promoven desde o Concello. Complétase o espazo web turístico cun blogue no que se pendurarán novas de interese, ou actividades dirixidas a visitantes. Tamén se inclúe un formulario de contacto para presentar dúbidas.
Microsites de las Casas-Museo
Dada a importancia das Casas-Museo Valle-Inclán e Irmáns Camba, desde o Concello incluíronse dous microsites dentro da web de Turismo Vilanova coa fin de achegar máis información sobre eles. Ademais de datos sobre ambos centros, engadíronse outros aspectos complementarios como as Rutas literarias.